Reverberos. Libro

● 2024 ●

Exposición na Torre de Hércules. Os reverberos son estruturas metálicas cubertas por chapas de ferro que foron expostas a un proceso de oxidación. As chapas están colocadas unhas sobre as outras e suxeitas só pola súa parte superior, coma se fosen as escamas dun peixe. Ao sometelas a determinados sons tremen producindo ruído polo fenómeno da resonancia acústica. Cada reverbero vibra nunha frecuencia diferente e cunha intensidade maior ou menor.

● beriomolina.com ● Foto e Video: Aitana Tubío