● 2024 ●
MARXE é un taller de arquitectura e territorio dedicado á elaboración e execución de proxectos para a mellora do hábitat dende a posta en valor do patrimonio cultural e natural. Principalmente, MARXE centra a súa actividade na rexeneración urbana e territorial, sempre cunha marcada compoñente paisaxística, e na rehabilitación do patrimonio construído, desvelando o potencial de mellora e os valores latentes da arquitectura preexistente, procurando propostas específicas e arraigadas no contexto material e inmaterial.
● marxe.eu