Somos un estudio de deseño e creación visual. Traballamos principalmente en sectores que impliquen a xeración de ideas e coñecemento, a conservación e o estudo do patrimonio material e inmaterial, a posta en valor do territorio no que habitamos e a conciencia dun presente e futuro responsable para a sociedade. O noso contexto de traballo abrangue esencialmente a industria cultural [arte, entretemento, deseño, fotografía, arquitectura, artesanía, gastronomía…] e a economía do coñecemento [educación, investigación e desenvolvemento tecnolóxico e científico], desenvolvendo proxectos de identidade visual, editorial, sistemas expositivos, contornos dixitais, audiovisuais e participación activa en proxectos interdisciplinares.

Exposicións
● Galicia Design Week 2025. Praza de Lugo. Exposición Novo Deseño Galego
2025
Ponencias
● Xornadas de arte e deseño da Escola Pablo Picasso
2024
Premios
● Noroeste Obradoiro. Laus Ouro 2025 ADG-FAD
2025
● Sabela Mendoza. Laus Bronce 2024 ADG-FAD
2024
● IGFAE Labs. Laus Bronce 2023 ADG-FAD
2023
● EEDG. Laus Bronce 2022 ADG-FAD
2022