Inspirados. Adolfo Domínguez

● 2023 ●

Convite de Adolfo Domínguez para reinterpreta unha prenda. Intervención a través serigrafía sobre a propia prenda. Iniciativa de Adolfo Dominguez con varios artistas e deseñadores.

Dende que recibimos a proposta tivemos claro que debiamos intervir a peza de xeito coherente coa esencia da marca e cun equilibrio nas formas resultantes que mantivese o carácter minimalista e sobrio dunha prenda tan icónica.

Por unha banda, o uso do negro e da técnica serigráfica manual nun patrón uniforme, sólido, coa pegada do proceso de estampación no equilibrio co branco puro do téxtil. Unha contraposición de corte recto na parte superior e un perfil de relevo de aspecto máis orgánico e irregular na inferior, coa reserva sen estampar na liña da botoeira.

Pola outra, a interpretación máis sincera e honesta que visionamos do isotipo presente na camisa, dándolle unha volta de xeito literal, cun xiro de 90 graos, mantendo a mesma técnica de bordado, esta vez en fío negro para formar unha cruz e acadarmos así un resultado que cremos que respecta o contexto orixinal de deseño de Adolfo Domínguez e dialoga coa prenda dunha forma honesta, sen artificios.

Serigrafía: https://manchea.gal/
Maís información do proxecto: Inspirados