Somos un estudio de deseño e creación visual. Traballamos principalmente en sectores que impliquen a xeración de ideas e coñecemento, a conservación e o estudo do patrimonio material e inmaterial, a posta en valor do territorio no que habitamos e a conciencia dun presente e futuro responsable para a sociedade. O noso contexto de traballo abrangue esencialmente a industria cultural [arte, entretemento, deseño, fotografía, arquitectura, artesanía, gastronomía…] e a economía do coñecemento [educación, investigación e desenvolvemento tecnolóxico e científico], desenvolvendo proxectos de identidade visual, editorial, sistemas expositivos, contornos dixitais, audiovisuais e participación activa en proxectos interdisciplinares.